Picture of author.

Inma López Silva

Autor(a) de Memoria de cidades sen luz

12 Works 47 Membros 2 Críticas

About the Author

Image credit: Inma López Silva. Photo by Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB).

Obras por Inma López Silva

Etiquetado

Conhecimento Comum

There is no Common Knowledge data for this author yet. You can help.

Membros

Críticas

Levo toda a semana debaténdome entre o amor, o odio e a indiferenza coa novela de Inma López Silva. Penso que ten cousas moi boas, tanto os temas a tratar como o xeito de enlazalos, esa estrutura na que distintos narradores explican as súas versións, e ese golpe final que, aínda que o lector vaino intuíndo, déixache nunha situación dubidosa ao desaparecer a distancia, xa irremisible, entre a realidade e a ficción.
Outro dos logros do libro, penso, é a obriga á que nos somete a autora a adentrarmos en rexións moi escuras, polo que ten pasaxes tan incómodos como dolorosos. A pesar disto velaquí un texto que foxe da superficialidade e nunca entra no espectáculo nin o sensacionalismo; algo tan necesario para falar da violencia de xénero, o amor, o desamor, violacións, a tan actual irrupción da ultradereita, e mesmo un asasinato.
Pero tamén penso que os personaxes non están ben trazados e moitas veces hai unha incoherencia que lles resta autenticidade. Non falo da incoherencia que nos fai humanos, senón de incongruencias que, polo menos para min, rodean algúns deles, como é o caso de Félix, da bolseira que traballa con Helena, e incluso o de Miguel nalgúns momentos.
Creo que tamén se tira moito de clixés e tópicos, cousa que no caso da protagonista, déixaa un pouco desvalida e convértese as veces nunha posturiñas.
Xa sei que na ficción non hai que explicalo todo, e acepto completamente este final que pode dar lugar a moitas teorías, pero hai momentos nos que certos datos son necesarios e outras veces as insinuacións sobran. Todo este xogo entre datos e opinións, feitos e inconsciencia, non no sentido de irreflexión senón de inadvertencia, ás veces desborda e fai que a novela perda un chisco de verosimilitude.
… (mais)
 
Assinalado
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Hai equivalencia entre escribir e parir? Neste diario dunha escritora que vive por primera vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, coma quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exaltar a escritura que dá algo a nacer. Realista, lúcido, reflexivo, bastante desmitificador. Nove meses de sensacións, impresións e cambios: gozar e sufrir coma nunha novela con final feliz. Unha declaración de principios: no parto está a sabedoría. A escritura detense aí, non se pode dicir máis: a historia sae á luz no libro. Maternosofía.… (mais)
 
Assinalado
robu67 | Nov 14, 2017 |

Estatísticas

Obras
12
Membros
47
Popularidade
#330,643
Avaliação
½ 3.4
Críticas
2
ISBN
15
Línguas
2