Picture of author.

Carlos G. Reigosa

Autor(a) de Crime en Compostela

28+ Works 99 Membros 2 Críticas

About the Author

Image credit: O escritor Carlos González Reigosa na xornada 30 anos de novela negra galega, organizada polo Consello da Cultura Galega De Estevoaei - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=70113679

Obras por Carlos G. Reigosa

Crime en Compostela (1984) 31 exemplares
Narcos (2001) 9 exemplares
O misterio do barco perdido (1988) 8 exemplares
Pepa a Loba (Galician Edition) (2006) 8 exemplares
El regreso de los maquis (1992) 4 exemplares
La Guerra Del Tabaco (1901) 3 exemplares
A agonía do león (2010) 2 exemplares
Fuxidos de sona (1990) 2 exemplares

Associated Works

O relato breve : escolma dunha década, 1980-1990 (1990) — Contribuidor — 3 exemplares

Etiquetado

Conhecimento Comum

There is no Common Knowledge data for this author yet. You can help.

Membros

Críticas

 
Assinalado
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Narcos, de Carlos G. Reigosa
(daniglez escribe no seu bloc "A lei de Lem")

Esta novela comeza describindo como o protagonista, Carlos Conde, atópase nun momento de falta de inspiración escritora. O autor, nunha especie de exercicio meta-literario, dános unha pequena lección de como se debe encamiñar un escrito para que guste, para que enganche ao lector. O protagonista, no seu intento de parir o inicio da historia é interrompido por un home que lle pide atoparse con el en Vigo. Este home, Mario Cendán, pídelle que escriba sobre os narcotraficantes. Cendán entende que é o xeito de combatelos, que a lei non é efectiva contra eles e que o mellor é que se saiba quen e que son realmente.

Carlos Conde acepta o encargo e busca a axuda do seu amigo detective Nivardo Castro. Xuntos acabarán no medio do lume cruzado entre os amos do fume das Rias Baixas, das cidades de Maarmariz, Vilavedra e Ogrovas (Nomes ficticios que esconden nomes de lugares moi reais: Marín? Vilagarcía? O Grove?). Os “narcos” son uns cantos. Os máis importantes quizais son: Roque Caruncho o mozo ambicioso que aspira a destacar no negocio; Pablo Mingallos, home sinxelo que non vive de xeito ostentoso e veterano no negocio; e Don Orlando, encarcerado pero sen estar desligado do negocio, ten coñecemento de todo o que sucede.

A rivalidade contida desbórdase cando a filla de Pablo Mingallos namórase dun médico, dun alleo ao negocio, no canto de facelo dun dos Castiñeiro. Mingallos, que desconfía da reacción dos Castiñeiro e tamén ve como a idade suxírelle a retirada, móstrase favorable á elección da súa filla. Pero a mecha acéndese co asasinato de Rodrigo, o médico. Mingallos responde e empeza un tenso e paulatino enfrontamento entre os narcos mentres se planea a chegada dun alixo importante.

Da chegada da carga tamén teñen coñecemento Carlos Conde e Nivardo Castro. Estes compartirán a información co xuíz Rafael García Salas. Conde non quere deixar escapar a oportunidade de poder escribir unha boa reportaxe. O xuíz, ambicioso nos seus obxectivos, non quere actuar se non ten a certeza de poder pillar aos peixes máis gordos, de forma que o premio do prestixio pola acción sexa o maior posible. Conde xa teme que o xuíz acabe por non mover peza, ou ben facelo demasiado tarde.

A clase subliminal sobre escritura non se repite, pero si que hai ao longo da novela unha moi ben levada discusión sobre as implicacións sociais da profesión (xornalística, neste caso). Respectar o anonimato das fontes, non revelar segundo que información, conseguir que unha información sexa críbel e útil,….. É na relación co xuíz onde Conde dános a mellor lección que ofrece a historia, un auténtico xesto de xenerosidade: dar sen esperar nada a cambio, ser consecuente con aquilo que é mellor e non antepoñer intereses persoais diante doutros máis importantes. Carlos Conde, comprometido co caso que lle tocou investigar, fará o posible para que o xuíz non se quede como un paspán mirándoas pasar. Conseguirao? E se conségueo, atraparán a todos os narcotraficantes?
… (mais)
 
Assinalado
daniglez | Oct 4, 2010 |

Prémios

You May Also Like

Associated Authors

Estatísticas

Obras
28
Also by
1
Membros
99
Popularidade
#191,538
Avaliação
½ 3.6
Críticas
2
ISBN
48
Línguas
2

Tabelas & Gráficos